OS MONSTROS MÁIS MONSTRUOSOS DESTE SAMAÍN




 
Aproveitando o aprendido na charla que nos deu Manuel sobre a Reciclaxe, elaboramos os nosos "SUPER MONSTROS PORTALÁPICES".
A VER SE OS LAPIS NON SE ASUSTAN.....

Obra de teatro: Paco Papán

O 4 de xuño, os nosos compañeiros e compañeiras de sexto representaron este conto coma grandes artistas.

Parabéns e grazas por convidarnos!

Preme nunha imaxe para velas a maior tamaño.



Saída a Cabo Udra

O día 2 de xuño visitamos o concello de Bueu. Primeiro fixemos un bonito e interesante percorrido, guiado con monitores, por Cabo Udra. Rematado o mesmo, visitamos a Aula da Natureza sita en dito lugar. A continuación, repuxemos forzas nunha pequena praia e, de seguido, collemos o autobús para dirixirnos ao museo Massó no centro da localidade.

Preme na imaxe para acceder á galería.

Experimentos

Pomos en práctica a teoría!

Observamos e investigamos que elementos conservan mellor os alimentos, a importancia da hixiene nas mans (introducimos as mans recén lavadiñas nun bote de xelatina neutra e noutro as mans tal cal veñen do recreo, deixamos pasar os días e comprobamos que sucede)...


III Semana do Cine

Este ano, do 25 ao 29 de maio, conmemoramos o 25 aniversario do pasamento de Chano Piñeiro, cineasta que da nome ao noso colexio. Entre as divertidas actividades, o día 29 vimos un fragmento de "Solo en casa".

Preme na imaxe para vela a maior tamaño.

Museo científico

O día 8 de maio puidemos desfrutar e aprender moito deste museo ofertado dende o Concello de Gondomar e instalado na biblioteca do noso cole. Co lema "prohibido non tocar" puidemos manipular diferentes inventos...

Preme na imaxe para acceder á galería.

Saída medioambiental ao Río Miñor

O día 29 de abril aprendemos aspectos interesantes da fauna e da flora da contorna próxima cos dous naturalistas (como eles se definiron) que nos explicaron, primeiro na biblioteca do colexio e logo in situ, ditos contidos.

Preme na imaxe para acceder á galería.

Día do Libro

Realmente foi  a Semana do Libro (20-24 de abril). Participamos de diferentes actividades organizadas pola Comisión da Biblioteca Escolar: lecturas ao sol, lecturas das titoras e da coordinadora da biblioteca (Dolo), lecturas do alumnado para os compañeiros/as...

Preme na imaxe para acceder á galería.

Contacontos

No segundo trimestre, Miguel ensinounos como se edita un conto.

Preme na imaxe para acceder á galería.